Wednesday 01 de May de 2024

Visita dos Reis Magos a Miño


As Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente estarán este xoves, 5 de xaneiro, en Miño. Pola mañá, a partir das 10:30 horas, visitarán todas as parroquias do municipio a bordo dun coche clásico cedido para a ocasión.

Pola tarde, a partir das 18:30 horas, sairán polo casco urbano xa nas súas tradicionais carrozas, que irán acompañadas por un séquito de case 100 pequenas e pequenos das asociacións O Castro, AVV Xarío e AD Miño. A saída será desde a Praia Grande, pasando polas rúas Lois, Cobo, Estrada da Praia, Barrosa, Carreira, Raxel e voltando cara a rúa Mercado.

A partir das 20 horas os Reis Magos recibirán as últimas peticións dos máis pequenos nas pistas de Rabazal, ao carón do poboado de Nadal.